O escaparate
de Galicia.

EXPOCoruña constitúese no ano 2008 como espazo multiusos, único, flexible e polivalente, preparado para acoller todo tipo de eventos. Mediante unha nova filosofía de diferenciación, baseada na unificación de valores como a innovación, a cultura, o deseño e a tecnoloxía.

Establécese como suxeito dinamizador mediante a realización de eventos de produción propia e pola inclusión no seu calendario doutros momentos relacionados coa arte, deportes ou música.

Dossier EXPOCoruña.

Manual Identidade Corporativa.

Logotipos.

Máis de 500 eventos e feiras realizadas con éxito.

No noso recinto todo ten cabida e a experiencia aválanos: desde festivais de música internacionais como o Sónar, deportivos como a Copa do Rey de Baloncesto, pasando por todo tipo de feiras, exposicións e congresos, ata eventos únicos de moda ou cultura.

Padroado e Consello de Dirección

Unha idea.
Un espazo.