Durante unha semana, A Coruña será a capital europea da investigación en cancro. ASEICA celebrará varios actos que reunirán en Galicia aos mellores expertos nacionais e internacionais na investigación na oncoloxía.
O eixo central será un congreso extraordinario que fará un percorrido polos 40 últimos anos na investigación en cancro, enfocándose ao futuro: como abordar a prevención e o tratamento destas enfermidades de forma máis eficiente.
ASEICA está moi comprometida coa divulgación científica, polo que se incluirán diversos actos abertos ao público xeral.