O MOTOR DA HISTORIA. Presentación do Museo de Automoción e Historia.

Durante máis de dúas semanas púidose visitar en EXPOCoruña un anticipo do que será o futuro Museo de Automoción e Historia. Exposicións permanentes e temporais que fan un percorrido polos séculos XIX e XX utilizando diversos fíos condutores, sendo o principal a automoción.
Máis de 13.000 persoas gozaron de decenas de coches, motos e diferentes obxectos representativos dos derradeiros 100 anos, marcas como Le Zebre, Clément, Xaguar, MG, Mercedes, Rolls Roice,Daimler, Pontiac, Citroën, Hispano-Suíza, Pegaso, Seat, entroutras, ademais de vehículos de competición e carros de cabalos.
A exposición contou cunha extensa programación de diferentes actividades diarias. Ademais dunha zona de ocio para os máis pequenos que consistía nun circuíto de seguridade vial.

Museo de Automoción e Historia

TENDA. Nuevo comercio Urbano

Máis de 15.000 persoas visitaron TENDA. Nuevo Comercio Urbano, durante os dous días do evento, participando nos diferentes talleres, mesas redondas e todo tipo de actividades ofertadas.
O espazo expositivo de EXPOCoruña transformouse para dar vida a unha cidade repleta de tendas. Un lugar de encontro, onde o comercio é o motor da vida da cidade, un espazo a escala humana que simboliza o boulevard, a praza, a terraza, o toldo, a rúa; lugares naturais do pequeno comercio urbano e especializado.
167 tendas especializadas mostraron as últimas tendencias, convertendo á nosa cidade como referente de compras do Noroeste de España. Dous días de moda, deseño, gastronomía, beleza,lifestyle, mundo kids...

www.tenda.com.es

FORUM GASTRONÓMICO

A Coruña reuniu a algúns dos mellores chef da cociña española no maior acontecemento do mundo gastronómico.
Estas xornadas acolleron relatorios dos grandes como Arzak, Jordi Cruz ou os chef do Bulli Fundation.
O foro da Coruña completouse cun amplo programa de talleres, degustacións,
exposicións e catas que suscitaron un enorme interese entre os máis de 21.000 asistentes.

EXPOTAKU

Maior evento de temática anime, manga, geek, de cultura xaponesa e ocio alternativo de Galicia,
con actividades moi diversas como torneos, talleres, charlas, conferencias, proxeccións e exposicións.

FEIRA DE AUTÓNOMOS DE GALICIA

Un dos eventos máis completos do sector autónomo.
FEMAGA é un gran escaparate de produtos e servizos,
un punto de encontro entre profesionais de diferentes sectores
e aberto ao público en xeral.

THINK IN CAKES

Iniciativa sen precedentes en España no ámbito da repostaría artística.
Unha feira que conxuga espazos para profesionais do sector e para os clientes finais.
Coas presentacións e “masterclass” de artistas reposteiros de envergadura internacional.

FEIRAS E EXPOSICIÓNS

FEIRA DE AUTÓNOMOS DE GALICIA

Un dos eventos máis completos do sector autónomo. FEMAGA é un grande escaparate de produtos e servizos, un punto de encontro entre profesionais de diferentes sectores e aberto ao público en xeral.

THINK IN CAKES

Iniciativa sen precedentes en España no ámbito da repostaría artística. Unha feira que conxuga espazos para profesionais do sector e para os clientes finais. Coa presentación e masterclass de artistas reposteiros de talle internacional.

EXPOTAKU

Mayor evento de temática anime, manga, geek, de cultura japonesa y ocio alternativo de Galicia, con actividades muy diversas como torneos, talleres, charlas, conferencias, proyecciones y exposiciones.

SALÓN AUTO

Feira para a dinamización do sector. Mostra das innovacións e propostas máis espectaculares dun sector en clara evolución.

MOTOR OCASION

O Salón do Vehículo Usado e de Ocasión é unha exposición de centenares de automóbiles seminovos con todas as garantías técnicas e a prezos moi competitivos. Unha oferta comercial que se completa coa presenza de empresas de servizos, aseguradoras e financeiras.

MOSTRA DO ENSINO

Feira organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Presentación dos cambios que se están a levar a cabo no sistema educativo de Galicia. Alberga tamén o Congreso "Formación e competencias na nova sociedade" dirixido a profesores e profesionais do ámbito empresarial.

SITE

Salón Internacional de Tecnoloxía. Un punto de encontro para a innovación na banca, o comercio electrónico e as administracións públicas, un escaparate no que descubrir as tecnoloxías máis prometedoras, mentres se analizan as propostas máis provocadoras de expertos mundiais na súa sección congresual.

DAISYMARKET

Showroom de moda urbana e emerxente. Escaparate de marcas e deseñadores de toda Europa. Encontro de tendencias e plataforma para a moda e a cultura urbana en todas as súas manifestacións: roupa, complementos, formación, debate, etc.

MUNDOPET

Exposicións con todo tipo de animais, dende cans e gatos, ata peixes e réptiles. Exhibicións, concursos, competicións, tendencias de moda, charlas e táboas redondas formaron parte do amplo abano das actividades programadas.

TEXTIL MARROQUÍ. MAROX IN MODE

Encontro profesional que serviu de presentación en Galicia da moda marroquí, un sector moi valorado no panorama téxtil mundial pola súa viveza e diversidade.

MOVE

Feira de arte e cultura dixital, música electrónica, danza, talleres de creación, arte pública e un espazo expositivo fusionados para dar forma a MOVE new media.

HOSTELMAS

Evento organizado por e para profesionais do sector da hostalaría onde se mostran as últimas tendencias e novidades, configurándose como punto de encontro para profesionais e provedores.

MÚSICA E ARTE

SONAR

Festival de Música Avanzada e Arte Multimedia.

AMNESIA IBIZA FESTIVAL

Versión itinerante de Amnesia, a discoteca de música electrónica de referencia en Ibiza. Mostra da mellor música de club internacional.

SALSA E LATÍN JAZZ FESTIVAL

Versión itinerante deste festival coas actuacións de Rubén Blades, Eddie Palmieri e La Sucursal SA.

GOA ELECTRONICS PARTIES

GOA converteuse nun emblema da música deephouse, techno ou disco. Nesta versión itinerante reúne artistas punteiros como 2mandydjs ou Marco Carola.

DR. QUEEN Y PANORAMA

A orquestra Panorama ofrece un concerto homenaxe ao vocalista de Queen Freddie Mercury cun impresionante despregamento de son de 60.000 vatios.

MULLERES ARTE+PARTE

Este proxecto pretende ser unha pedra de toque sobre o papel secundario e estereotipado que as mulleres acostuman a representar no mundo das diferentes disciplinas artísticas, como o mundo da música e as producións audiovisuais: un proxecto sociocultural no que a muller se converte en único protagonista.

ENXENERÍA CULTURAL

Últimas tendencias en xestión de proxectos culturais. Financiamento - Traballo en rede - intercambio de coñecementos - Organizacións L-Novativas

CONCERTO PARA NENOS DE OXFORD UNIVERSITY

Concerto educativo para que os nenos aprendan cantando e bailando ao ritmo dos temas máis actuais.

LABORATORIO

Festival de música electrónica de vangarda, art rock, postpunk, ambient, math rock, non wave, rock progresivo, free jazz... con algúns dos nomes máis importantes a nivel internacional do panorama máis alternativo: Mouse on Mars, Tujiko Noriko, Plánning torock, Peter Broderick.

PARA TODA A FAMILIA

PARQUE DE ATRACCIONS DE INVERNO

Evento de balde para todos os públicos con diversas actividades relacionadas con esta estación do ano.

SALÓN "SOMOS PAPÁS"

Un salón que achega ao público as iniciativas públicas e privadas relacionadas co sector infantil. Promocións, ofertas e sorteos, ademais de talleres, karts, xogos e numerosas actividades para os máis pequenos. Charlas e conferencias do sector e desfiles de moda infantil.

DINOSAUROS

A maior exposición de Europa, é a primeira vez que esta exposición de 5.200 m2 composta por animatrónics, fósiles de tamaño natural, proxeccións e xogos visita Galicia.

PINÓPOLIS

A cidade onde os nenos aprenden xogando, os nenos son os principais protagonistas desta cidade feita á súa medida. Por medio de diversas actividades lúdicas e talleres didácticos, Pinópolis consegue transmitir valores como solidariedade, respecto, civismo, deportividade, traballo en equipo...

CHURRITINES

Primeiro Salón de Ocio Educativo e Entretemento Infantil de Galicia con máis de 100 actividades programadas como talleres, manualidades, inchables, animais e mascotas, consolas, deportes, charlas, concertos, teatro, xogos e todo tipo de ocio educativo prestando especial atención a aquelas que promoven valores educativos, culturais e solidarios.

ACTOS POLITICOS E OFICIAIS

VISTA ORAL DO XUÍZO DO PRESTIGE

MITINS DO PSOE

MITINS DO PP

HOMENAXE AOS POLICÍAS FALECIDOS NO ORZÁN

PRESENTACIÓNS

FESTA J&B . THE PARTY PROJECT

Evento que une transformación, arte e música

RON BRUGAL

"Ti es a orixe das grandes historias", este é o lema que Ron Brugal utilizou para invitarte á súa festa "Neon"

MERCEDES-BENZ

A coñecida marca de coches presenta o seu novo modelo Clase A xunto ás actuacións musicais de Chila Lynn, Deejay Dani e María Arias DJ.

RON HABANA

Presentación da nova bebida da marca "Habana Ritual" nunha estrutura que simula unha casa con capacidade para máis de 300 persoas.

ORQUESTRA PANORAMA

Presentación do novo tráiler da formación musical e da súa Xira 2013.

REUNIÓNS E CONGRESOS

CONGRESO INTERNACIONAL DE ESCOLAS SUPERIORES DE EDUCACIÓN FÍSICA

Os profesionais da educación física na promoción dun estilo de vida.

B.WEB ONLINE & DIXITAL NEGOCIO

Encontro Profesional onde B.web se dará resposta a todas as preguntas que asaltan ao falar de Facebook, Twitter, Tuenti, Foursquare, Linkedin ou Flickr, a través de Conferencias, Salón Profesional, Workshops e Networking cos expertos máis reputados do sector.

VII CONGRESO DE AGAFAN

O Congreso ten por obxecto favorecer o encontro de familias de toda Galicia; mostrando á sociedade a realidade das familias numerosas, contribuíndo desta forma a un maior coñecemento do que é e o que supón este colectivo para o desenvolvemento económico e social do país.

REUNIÓN DE TESTIGOS DE JEHOVÁ

Máis de 5000 fieis danse cita nunha reunión anual baixo o lema: "Protexamos o corazón".

Juana Capdevielle, 2 - A Coruña
info@expocoruna.com
881 920 010