Novembro | 2017    
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
  1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

EXPORPYMES 2017

14 de novembroth

×

CarOutlet 2017

3-5 de novembro

×

EXPORPYMES

15 de novembro

Máis información en:
Cámara de Comercio

×

MOTOR OCASIÓN

Do 3 ao 5 de novembro

×

Congreso ENFERMERÍA

XX Encontro Internacional de Investigación en Coidados.
15 a 18 de novembro

Máis información e contacto:
Folleto | encuentros.isciii.es/coruna2016/ | www.isciii.es/investen
Contacto: congresoinvesten@isciii.es

×

Festa privada Siboney

26 DE NOVEMBRO

×

Foro Asociación Galega de Deseñadores

20 E 21 DE NOVEMBRO

FEED, a través da DAG DAG (Asociación Galega de Deseñadores), organiza un foro bianual para profesionais do deseño no que poder compartir experiencias, satisfacer a demanda de formación continua por parte dos deseñadores galegos e propiciar a reflexión e o debate dentro da profesión.

No FEED 2015 queremos analizar os conceptos do noso tempo. Da man de profesionais e estudosos do deseño de recoñecido prestixio nacional e internacional, veremos se disciplinas como o motion graphics, o deseño de interacción ou o infografismo seguen a ser variantes de campos maiores (gráfico, web...) ou se acadaron una linguaxe conceptual e formal propia.

Analizaremos se o design thinking é unha burbulla máis ou se realmente o deseño pode –e debe– ser axente en niveis organizacionais e estratéxicos nas empresas e institucións. Apoiarémonos na análise da evolución do deseño e da tecnoloxía para intuír ata que punto o Processing ou a fabricación dixital provocarán unha reformulación da estética das imaxes e dos obxectos.

Trataremos, en definitiva, de anticipar que neoloxismos desaparecerán nuns poucos anos e cales ficarán con nós para sempre.

×

XI Salón Motorocasión A Coruña 2015

DO 6 AO 8 DE NOVEMBRO

O Salón Motorocasión A Coruña 2015, 12.000 m2 de exposición, un dos principais acontecementos de España por volumen de vehículos e superficie.

Máis de vinte marcas ofrecerán cincocentos vehículos: quilómetro cero, automatriculados… De xeito que os compradores interesados poden avaliar ofertas diferentes nun espazo de calidade.

×

ExporPYMES

25 de Novembro de 2015

A Cámara de Comercio da Coruña, co apoio do Concello da Coruña, o IGAPE e os Fondos Europeos FEDER a través da Cámara de Comercio de España, organizou a II Edición de Exporpymes, co obxecto de axuntar nun mesmo espazo a expertos en internacionalización, importadores de diversos países (Chile, China, Colombia, Francia, Marrocos, Estados Unidos, México, Perú, Portugal, Reino Unido e EAU) e empresas exportadoras, empresas que desexen iniciarse na exportación, profesionais do comercio internacional e novos profesionais do comercio exterior, institucións relacionadas coa exportación e emprendedores con vocación internacional.

A Cámara de Comercio da Coruña ten múltiples experiencias neste tipo de actuacións, organizando encontros empresariais en Galicia e no estranxeiro, exposicións gourmet, etc. durante máis de vinte anos.

PROGRAMA:

- Foro inaugural de exportación.

- Presentación de oportunidades de negocio en diversos países para as empresas galegas. Técnicos de varias Cámaras Españolas no Exterior así como doutros países en España e consultores internacionais de prestixio disertarán sobre as posibilidades que ofrecen os seus mercados. Con posterioridade, cada empresa asistente poderá solicitar unha entrevista persoal para analizar de forma individualizada as súas posibilidades.

- Encontro empresarial internacional con presenza de importadores. Empresas exportadoras ou con capacidade exportable de diferentes sectores, manterán reunións de 20 minutos con empresarios importadores estranxeiros.

- Exposición de alimentos e bebidas. Restrinxido a profesionais deste sector que poderán mostrar os seus produtos a importadores especializados.

- Charlas divulgativas.



Inscricións: Solicitar a comercioexterior@camaracoruna.com

Contacto: 981 216 072 / comercioexterior@camaracoruna.com

×
Juana Capdevielle, 2 - A Coruña
info@expocoruna.com
881 920 010