O Adro Central de EXPOCoruña é o núcleo principal do recinto, o espazo cun maior número de metros expositivos. Un espazo diáfano e versátil, cuxas dimensións e funcionalidade ofrecen innumerables posibilidades para materializar calquera tipo de proxecto.

  • Superficie5.200 m2 útiles

  • Altura máxima 17m

  • PisoPlanta baixa

  • Tarifas1 xornada 3.900€
    1/2 xornada 2.350€

Descárguese as tarifas en PDF

O espectacular Auditorio de EXPOCoruña conta con 424 butacas e dispón dun escenario axeitado para calquera tipo de evento, cunha sonoridade impecable e un proxector de 30.000 lumens. Concertos, teatro, actos corporativos, entregas de premios ou proxeccións encontran neste Auditorio o seu marco perfecto.

  • Superficie465 m2 útiles

  • Nº de butacas424

  • PisoPlanta primeira

  • Tarifas1 Xornada 1.000€
    1/2 Xornada 600€

Descárguese as tarifas en PDF

As Aulas de EXPOCoruña son espazos modulables mediante paneis móbiles que permiten crear dunha a tres áreas diferenciadas. Estes espazos pódense destinar tanto a cursos de formación, obradoiros, roldas de prensa como a backstage de concertos, desfiles de moda...

  • Superficie57 m2 útiles

  • PisoPlanta primeira

  • Tarifas1 Xornada 200€
    1/2 Xornada 100€

Descárguese as tarifas en PDF

A Galería de EXPOCoruña é un espazo máxico cunha atmosfera envolvente. De coidado interiorismo e singular arquitectura, este espazo conta con acceso a unha praza exterior de 6.000 m2, o que o converte nun lugar idóneo para calquera tipo de evento.

  • Superficie1.754 m2 útiles

  • PisoPlanta baixa

  • Tarifas1 Xornada 1.600€
    1/2 Xornada 950€

Descárguese as tarifas en PDF

O Hall de EXPOCoruña é un dos espazos expositivos máis singulares e recoñecibles. A súa accesibilidade e visibilidade son a súa mellor carta de presentación e a de calquera proposta que nel se instale.

  • Superficie1.971 m2 útiles

  • PisoPlanta baixa

  • Tarifas1 Xornada 1.550€
    1/2 Xornada 1.000€

Descárguese as tarifas en PDF

A superficie desta ampla nave lateral na planta baixa permite aumentar a capacidade do Adro Central para o desenvolvemento de grandes feiras ou empregalo como un espazo independente, delimitándoo para un aforamento máis reducido por un sistema de bastidores.

  • Superficie2.333 m2 útiles

  • PisoPlanta baixa

  • Tarifas1 Xornada 1.400€
    1/2 Xornada 800€

Descárguese as tarifas en PDF

O prisma da planta primeira, pola súa contigüidade ao Auditorio é idóneo para a celebración de eventos heteroxéneos: congresos + exposicións, concertos + restauración, representacións artísticas + obradoiros... Calquera combinación que se che ocorra é posible.

  • Superficie2.010 m2 útiles

  • PisoPlanta primeira

  • Tarifas1 Xornada 1.200€
    1/2 Xornada 600€

Descárguese as tarifas en PDF

O prisma da planta baixa permite pola súa situación a integración do Adro Central coa Galería creando un espazo de dimensións e características sobresaíntes con acceso directo dende o exterior.

  • Superficie2.333 m2 útiles

  • PisoPlanta baixa

  • Tarifas1 Xornada 1.400€
    1/2 Xornada 800€

Descárguese as tarifas en PDF

Esta espazosa nave lateral conectada a través dunha ampla pasarela ao Prisma 1 da primeira planta permite aumentar aínda máis as súas múltiples utilidades.

  • Superficie2.325 m2 útiles

  • PisoPlanta primeira

  • Tarifas1 Xornada 1.200€
    1/2 Xornada 600€

Descárguese as tarifas en PDF

ZONA DE DESCARGA
Juana Capdevielle, 2 - A Coruña
info@expocoruna.com
881 920 010